Ana Pérez Fernández licenciouse en Dereito no ano 1998 na Universidade de Santiago de Compostela.
Completou a súa formación estudando as oposicións a Xuíz e Fiscal da man do Maxistrado do Tribunal Supremo D. Luciano Varela Castro e os Maxistrados D. Juán Manuel Alfaya Ocampo e D. José Juán Barreiro Prado, e as oposicións a Secretario-Interventor de Facendas Locais o que lle facilitou un coñecemento profundo do dereito civil e procesal, así como do dereito administrativo e urbanístico.
Decidida a enraizar a súa carreira profesional na cidade de Vigo optou polo exercicio da avogacía entrando a formar parte de bufetes colectivos sempre como responsable da área de urbanismo en estreita colaboración coas áreas de civil e administrativo, mantendo igualmente unha formación continuada a través da asistencia a cursos e xornadas case sempre enmarcadas nos ámbitos do Dereito Civil e do Dereito Administrativo.
Se ben a área urbanística supón un exercicio de despacho, de campo e de documentación moitas veces fora dos xulgados, a praxis procesal tamén é unha constante no traballo diario desta letrada que ademais do exercicio libre tamén forma parte dos avogados adscritos ó servizo de xustiza gratuíta* mediante designación de avogado de oficio nas áreas civil, penal, laboral e contencioso-administrativo.
Ademais de avogada, Ana Pérez é mediadora nos campos do dereito civil e mercantil titulada pola Universidade San Pablo CEU de Madrid e inscrita na Asociación Española de Peritos Judiciales y Mediadores Arbitrales.
* No servizo de xustiza gratuíta (avogado de oficio) non se pode escoller avogado, estes desígnanse polo Ilustre Colexio de Avogados que corresponda. Se quere solicitar avogado de oficio diríxase ó Colexio de Avogados.